marca
Subscribe to this RSS feed
Mércores, 04 Xaneiro 2017 12:42

Tamaño e capacidades adaptadas ao cliente!

Vimos de festexar o 50 aniversario de Caixa Rural Galega do mellor xeito posible: traballando na súa celebración!


A Caja Rural Provincial de Lugo, unha sociedade cooperativa de crédito, dirixida a labregas, labregos e gandeiros soubo manter durante esta metade de século o espíritu que lle deu orixe ata converterse na Caixa Rural Galega que hoxe conta cuns 15.000 socios. Como non ía celebralo por todo o alto?


Para nós foi un pracer ben grande encargarnos deste proxecto que requería organización, coordinación, constancia, moitas horas de traballo e moito amor, como todo o que facemos! O esforzo de todo o noso equipo de profesionais viu os seus froitos o pasado 16 de decembro cunha gala á que acudiron máis de 200 persoas.


Dende TATATA comunicación e deseño encargámonos da organización da gala do 50 aniversario, da maquetación do libro “50 anos cos pés na terra” da xornalista Marta Veiga e da creación dun vídeo de agradecemento para clientes e traballadores. Traballamos tamén no deseño gráfico do evento, da cea e da publicidade en prensa e na creación do deseño de marca do medio século de vida de CRG adaptándoo a todos os soportes utilizados.

 

 


Ver vídeo 50º aniversario Caixa Rural Galega

 

 

 

 

 

 

Este proxecto é unha mostra da importancia do traballo en equipo para que todo marche sobre rodas! Pero tamén da importancia de contactar cunha axencia que reúna o tamaño e capacidades profesionais adaptadas ás necesidades do cliente. Nós témolo claro! A base do éxito está en mans, corazóns e mentes traballando en equipo para xuntar ideas e darlles forma!

 

O 50 aniversario de Caixa Rural Galega é un dos últimos proxectos no que participamos todo o equipo humano de TATATA! Grazas por darnos a oportunidade de seguir descrubríndonos a nós mesmos. Grazas por ser unha das entidades máis destacadas de Lugo e confiar na forza  dunha axencia local ;)

Published in Novedades

A función principal do cartel é a de comunicar ou divulgar unha información de xeito visual, momento no que a súa estética adquire valor.


Lonxe da súa importancia como medio de publicidade e información visual, o cartel ten un valor histórico indiscutible como medio de divulgación en importantes movementos de carácter político ou artístico. Quen non coñece o famoso e propagandístico We Can Do It!  de J. Howard Miller?


Estamos a falar dun medio de expresión que evolucionou coa sociedade e coa cultura. Polo tanto, ademais da súa función de comunicación e o seu uso estético, pode ser considerado como un documento donde queda plasmada a historia mailo tipo de sociedade que o crea.


O cartel continúa, cada día, experimentando cambios de adaptabilidade, introducíndose nos museos e galerías, nos tellados, nas paradas de autobuses, nas redes sociais e incluso nas paredes das nosas casas… afianzándose, de diversas formas e máis ca nunca, á súa permanencia como rei da comunicación gráfica contemporánea e como medio de expresión.

Cartel Lubicán 2016 | Deseño TATATA

[Cartel Lubicán 2016 | Deseño de TATATA]

 

 

 

Pero para que todo isto sexa posible é esencial un riguroso estudo e un intenso traballo por parte dos profesionais do deseño gráfico e da comunicación. Unha petisco de creatividade, con coherencia entre gráfica e texto e tamén unha total adaptabilidade da mensaxe á marca e aos seus receptores. Esa é a mistura perfecta para que un cartel funcione.


O noso estudo leva anos traballando no deseño de carteis a nivel galego, unha experiencia que sen dúbida convida ao cliente a confiar totalmente no resultado final.

Published in Novedades

As redes sociais abriron un novo xeito de comunicar. Chegaron para quedarse, e non únicamente no ámbito personal. Lonxe de ser unha moda que vai e ven, son unha nova forma de comunicación entre marcas e clientes, e viceversa.

 

Pero a simple presencia nelas non é suficiente. É preciso coñecer ben que son, que beneficios poden aportar, que tipo de estratexias se poden levar a cabo e sobre todo é necesario saber diferenciar os seus usos para adaptar a mensaxe.

 

É por iso que teñen un lado negativo cando non son ben levadas ou abandonadas. A imaxe que transmiten os nosos perfís sociais é a imaxe que teñen os nosos seguidores sobre a marca. Imaxina un perfil social abandonado, con faltas de ortografía ou pouco coidado… Que sensación che trasmite?

 

[Perfil de Facebook da D.O.P. San Simón Da Costa]

 

 

 

A clave das redes sociais para marcas concívese baixo tres ces: Crear, Compartir e xerar Confianza. Podemos comezar por crear e compartir publicacións de interés; sen embargo conseguir que os seguidores confíen na marca é un traballo que require tempo, constancia e esforzo.

 

Beneficios do uso de redes sociais para as marcas:


1- Comunicación directa, inmediata e máis cercana: as redes sociais achégannos aos nosos seguidores, de xeito que serven de vehículo para responder dudas, recibir suxerencias e resolver posibles queixas entre outras.

 

2- Axudan a mellorar a imaxe da marca e á fidelización: se os perfís sociais están actualizados e ben levados a imaxe cambia para ben mediante as acción levadas a cabo na rede, concursos, sorteos e os propios contidos de interés creados pola marca…

 

3- Novas posibilidades de mercado: as redes sociais abren novas portas debido a que eliminan as barreiras xeográficas á maior visibilidade da marca.

 

Como conclusión, as redes sociais son unha gran oportunidade comunicativa para as marcas, que deben de apostar por perfís xestionados por profesionais da comunicación para conseguir bos resultados.

Published in Novedades