logoHomeHOME

| TA TA TA | COMUNICACIÓN | DISEÑO |

LogoFullScreen
Twitter Facebook LinkedIn Blog
Subscribirse
Museo
Subscribe to this RSS feed
Mércores, 05 Xullo 2017 11:17

MDCL: Así o fixemos

A parte de ser o decano dos Museos Galegos e estar ubicado nun edificio declarado Ben de Interese Cultural e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como o é a Catedral de Santa María, o Museo Diocesano e Catralicio de Lugo é moi importante para o noso estudo.

 

Queres saber por que? Pos ben, imos aló!

 

No ano 2014 comezamos a traballar na reforma do museo, o proxecto máis grande que realizábamos ata o momento e que vería á luz en 2017, coincidindo co noso 20 aniversario e consolidando a tatata como un referente galego no ámbito museográfico! Non nos podía facer máis ilusión porque ademais o MDCL tamén estaba a piques de celebrar o seu centenario. Sen dúbida, todo un reto profesional do que presumir!

 

Antes de poñernos mans á obra, a nosa premisa estaba clara: facer unha reforma que respectara por riba de todo a Catedral de Santa María e plantexando un museo que non deixase pegada no edificio.

 

Proxecto museográfico

Durante a primeira etapa do proxecto ideamos coidadosamente a distribución do guión expositivo (elaborado por Carolina Casal conservadora do museo) no espazo, así como o seu deseño respectando sempre as características do edificio para integrar o museo na Catedral de Lugo. Creamos un discurso visual basado no conceptual permitindo que as obras e mailos textos que as acompañan se presenten de xeito óptimo para a súa acertada interpretación.

 

Produción

Tamén traballamos na elaboración de dispositivos museográficos como bases, vitrinas, soportes, entre outros, responsables de que unha obra cobre maior ou menor forza. Estudamos, xunto cos responsables do museo, na selección de cores das paredes, os rótulos e todos aqueles elementos que nunha exposición acompañan ás pezas ca fin de poñelas en valor. Seleccionamos a distribución e deseño da iluminación, madeira, cristal... traballando con empresas locais.

 

Deseño gráfico e comunicación

Para crear a identidade corporativa do MDCL (logo, entradas...) basámonos na súa peza central, o Crismón de Quiroga. Dende o estudo tamén traballamos no deseño da sinaléctica, paneis explicativos, folleto e placa institucional para dotar esta nova etapa do museo dunha comunicación e deseño coordinado e integrado co espazo.

 

 

 Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo

 

[Fotografías da Diócese de Lugo]

 

O proxecto da reforma do Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo é un claro exemplo das capacidades das empresas locais en proxectos de gran valor. Por iso, queremos agradecer á Diócese de Lugo por apostar polo noso equipo nun proxecto de tal envergadura.

 

O resultado final do museo provoca aos visitantes unha experiencia innovadora ofertando un museo vivo, aberto e atractivo. Animámosvos a ir visitalo, e gozar dunha colección de obras e pezas que repasan non só a historia da Igrexa na Diócese Lucense, senón que supoñen un percorrido pola historia de Galicia.

Published in Novedades
INFORMACIÓN
PORTAFOLIO
CONTACTO