Lunes, 08 de Julio de 2019 11:39

Nova convocatoria aberta do Programa Bono para Autónomos da Xunta

por  Administrator


 Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

– As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.

– As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.

b) Ter a empresa unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na última declaración realizada.

c) Ter a empresa unha base impoñible no imposto de sociedades da última declaración realizada inferior a 30.000 euros. No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declaradas no IRPF.

 

 

Subvención do bono das persoas autónomas

Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80 % da actividade por subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.

 

Esta axuda terá dúas liñas de actuación:

 

Liña 1.

– Investigación de mercado.

– Plan de márketing.

– Plan de comunicación do negocio.

– Plan estratéxico do negocio.

– Plan de crecemento: constitución da sociedade.

– Plan de reorientación do negocio.

– Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio.

– Plan de refinanciamento.

 

 

Liña 2.

– Compra de maquinaria.

– Compra de útiles e ferramentas.

– Reforma do local do negocio.

– Equipamentos informáticos.

– Rótulos.

– Aplicacións informáticas e páxinas web.

– Creación de logotipo do negocio.

– Mobiliario.

 

 

Prazo

Aberto ata o 2 de agosto.

*Bule! O criterio de prioridade que se aplica é a data de presentación ata esgotar o orzamento

DOG Nº 124 do 2019/07/02: https://bit.ly/2KSrFmh

Ultima modificacion el Martes, 09 de Julio de 2019 11:22
Administrator

Ultimos articulos de Administrator

ir arriba