Lunes, 28 de Diciembre de 2015 16:38

5 razóns polas que contratar un estudo de deseño frente a un deseñador "freelance"

por  Administrator

¿Estudo de deseño gráfico ou freelance?

Seguro que te fixeches esta pregunta algunha vez. E non é para menos, xa que as implicacións de traballar cun ou con outro van máis aló do prezo. Lembra que o barato acaba saíndo caro. A pesar de que ambas opcións son aceptables e todo depende dos resultados que queiras obter, un estudo de deseño sempre ten a posibilidade de ofrecerche MÁIS ca un freelance


Trabajo en equipo

 

 


1- Máis dispoñibilidade

As axencias ou estudos contan con máis profesionais ao seu cargo polo que a dispoñibilidade sempre é maior. Modificarán a súa axenda para dar cabida ao teu proxecto mentras que o freelance independente só poderá facerse cargo do cliente en canto acabe cos proxectos que ten abertos.

 

2- Máis garantías

Un estudo de deseño asegúrache a continuidade, compromiso e calidade do teu proxecto.

Imaxina que o freelance se pon enfermo, marcha de viaxe… será un tempo perdido no teu proxecto mentras que se o deixas en mans dun estudo iso non impedirá que o proxecto siga en marcha. A calidade está garantizada polas referencias dos traballos a clientes con grandes e pequenos proxectos.


3- Máis versatilidade

Un estudo ofréceche, se quieres, servizos alternativos que apoiarán o teu proxecto (redes sociais, impresión, campañas, distribuidores…) Seguramente poden aconsellarte en diferentes ámbitos relacionados debido á súa variedade de traballadores.


4- Máis ideas

Un grupo de deseñadores e comunicadores colaboran nas ideas, polo que ofrecen una ampla gama de resultados. A creatividade de grupo é máis variada que a dunha persoa.


5- Máis tranquilidade

Sentiraste máis despreocupado deixando o teu proxecto en mans dun estudo de deseño porque tes garantías profesionais e referencias de outros clientes que o freelance está construíndo.

Ultima modificacion el Miércoles, 29 de Marzo de 2017 11:07
Administrator

Ultimos articulos de Administrator

Temas relacionados (por etiqueta)

Mas en esta categoria: « Diseño editorial "ANACOS" Por que é importante invertir na Identidade Corporativa? »
ir arriba